Tesouro de Villena

Conxunto do Tesouro de Villena.
Conxunto do Tesouro de Villena e o do Cabezo Redondo, tal e como se atopan expostos no Museo Arqueolóxico José María Soler.

O Tesouro de Villena é un dos achados áureos máis importantes da Idade de Bronce europea. Está conformado por 59 obxectos de ouro, prata, ferro e ámbar que totalizan un peso de case 10 quilos. Esa magnitude convérteo no tesouro de vaixela áurea máis importante da Península Ibérica e o segundo de toda Europa, só superado polo das Tumbas Reais de Micenas, Grecia.[1] Ademais, destacan as pezas de ferro xa que son as máis antigas achadas en España e corresponden a unha fase na que o ferro se consideraba metal precioso e, polo tanto, atesourable.

Encontrouno en 1963 o arqueólogo villenense José María Soler nas proximidades de Villena (Alacant, España), e desde entón foi a peza clave do Museo Arqueolóxico de Villena. Do seu descubrimento fixéronse eco a maioría dos medios estatais varios do estranxeiro, entre eles de Francia, Alemaña e os Estados Unidos. O orixinal foi exposto en Madrid, Alacant, Toquio e Kyoto, e existen dúas copias de todo o conxunto que son usadas para expoñelo sen poñelo en perigo, mentres que o orixinal se conserva permanentemente nunha vitrina blindada do Museo Arqueolóxico de Villena.

  1. Ministerio de Educación y Cultura (2003). Goberno español, ed. "RESOLUCIÓN de 7 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Patrimonio Artístico da Consellaría de Cultura e Educación, pola que se incoa expediente de declaración de ben de interese cultural a favor da colección arqueolóxica do Tesouro de Villena." (pdf). Boletín Oficial do Estado (BOE) (en español) (49): 7798–7802. Consultado o 26 de marzo de 2012. Desde o punto de vista histórico, artístico e arqueolóxico, o Tesouro de Villena constitúe un «unicum», un depósito non normalizado, polo seu peso e contido (A. Perea). De feito, trátase do segundo tesouro de vaixela áurea máis importante de Europa, tras o das Tumbas Reais de Micenas en Grecia (A. Mederos). 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy